miércoles, 27 de abril de 2011

Medramos

Pois si, xa somos unha máis. Hoxe tivemos una nova tecedora con nós, a irmá de Merchi, pero non Lady Eagle, senón Ana. Preséntovola, a ela e o seu Saroyan multicolor.

Hoxe foi unha tarde moi boa tivemos tempo para todo, ata nos preguntaron se algunha tecía para fóra (igual quería unha encarguiña) e unha veciña espontánea se nos uniu un ratiño ata que lembrou que deixara na casa a televisión acendida :) Houbo bonecas e tamén sorpresas, sobre todo a que levei eu cando me deron unha colcha para a cuna da nena feita entre as Leriantas


Moitísimas Gracias Rapazas :*********** bicos para todas, quedei pampa cando ma deron :D

E aproveito para deixar constancia dos avances tecedeiros das Liantas ;)

Fíos, xa pode agocharse tras do seu Corre Carmela que Chove

 pero non contenta con iso ten moi avanzada unha adaptación do FLS.
Merchy avanza na mostra para tecer o Corinne
despois de tecer para a Lady Eagle (Mara) un precioso Shalom Cardigan en Cascade Eco. A proba xusto antes de ir mercar o botón para rematalo.

martes, 26 de abril de 2011